Os servizos informativos de RTVE contan cunha aplicación sinxela pero funcional de Android, que permite estar ao tanto da actualidade informativa.
A aplicación distingue varias seccións de novas:
- Xeral
- Deportes
- Internacional
- España
- Economía
- Cultura
- Ciencia y Tecnología.
As novas aparecen cun titular e unha imaxe, que no caso de ser vídeo amosa un “PLAY”. Tamén se pode acceder directamente a escoitar Radio5 en streaming.
Imaxe da aplicación
O máis destacado é a incorporación dunha versión resumida do último telexornal emitido en 4 minutos.
Tamaño instalada: 248 KB.
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación: