Eduroam: que é e configuracións para Android e Ubuntu 10.10

Se vos movedes por entornos académicos ou de investigación, seguramente teñades oído falar de Eduroam.
O nome Eduroam provén de contraer dúas palabras (education + roaming) e trátase dun servizo de conexión WiFi en mobilidade, pensada para a comunidade docente e investigadora.
Grazas a esta rede, é posíbel que os membros das entidades que compoñen o consorcio Eduroam poidan acceder a Internet dende calquera institución como se estivesen na propia.
O proxecto de Eduroam naceu en 2003, dunha iniciativa conxunta de institucións académicas dos Países Baixos, Finlandia, Portugal, Croacia e o Reino Unido, mais pouco tempo despois uníronse a maioría dos países de Europa.
Hoxe en día, xa se inclúen no proxecto países de Asia e os EUA e Canadá.
Se sodes membros dalgunha comunidade con acceso a Eduroam, non dubidedes en comezar a empregala. Pode servos útil cando viaxedes polo mundo adiante para cousas relacionadas coa investigación, mais tamen de ocio persoal (A alternativa para conectar os nosos smartphones cando viaxemos ao extranxeiro?)

Configuración da rede Eduroam en Android
Para conectarnos dende o noso móbil con Android, deberemos establecer conexión coa rede Eduroam. Unha vez feito isto, pediránsenos os seguintes datos:
  • Método EAP: TTLS
  • Autenticación de fase 2: PAP
  • Certificado de autenticación: en branco
  • Certificado de cliente: en branco
  • Contraseña de clave privada: en branco
  • Identidade: nomedeusuario@dominiouniversidade.oquesexa
  • Identidade anónima: en branco
  • Contrasinal: a contrasinal do correo
Así de sinxelo.
Configuración da rede Eduroam en Ubuntu 10.10
Dende o administrador de rede, seleccionamos Eduroam. A continuación completamos cos datos seguintes a configuración:
  • Seguridade inarámbica: WPA empresarial
  • Método EAP: TTLS
  • Tipo de clave: Automático (predeterminado)
  • Tipo de Phase2: PAP
  • Identidade: nomedeusuario@dominiouniversidade.oquesexa
  • Coontrasinal: a contrasinal do correo.
Saber máis:

Sobre o autor

Reply