Xa dispoñíbel a aplicación oficial de Google Reader (por fin)

Lectores de RSS hai moitos, pero todos botabamos de menos A Aplicación Oficial. E chegou, con característivas bastante interesantes, como a multiconta, sincronización, posibilidade de engadir subscricións ou buscar novas fontes.
Ademais, dende Google descubren algunhas funcionalidades non tan evidentes:
  • Navegación con teclas de volume. Entre as opcións de configuración, podemos sinalar que as teclas de volume sexan as que nos permitan movernos entre os diferentes feeds.
  • Pulsación prolongada nos cartafoles ou subscricións, para acceder a un menú no que se pode renomear, desubscribir ou cambiar cartaoles.
  • Compartir un ítem de xeito doado pulsando na tecla menú.
Dispoñíbel a partires de Android 1.6!
Tamaño instalada: 3,30 MB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación:

Sobre o autor

Reply