Google Maps 5 xa está aquí: exploración 3D e mapas offline

O pasado 30 de outubro anunciabamos a actualización de Google Maps á versión 4.6. Pois dende hoxe xa temos dispoñíbel no Android Market a versión 5.
Nesta nova edición dunha das aplicacións máis esenciais dos nosos terminais Android atoparémonos 2 grandes novidades: a navegación en 3D e os acceso a mapas sen conexión.

Mapas en 3D
Arrastrando cara abaixo con 2 dedos inclinaremos o mapa e poderemos ver edificios 3D en máis de 100 cidades (polo de agora, no Estado español, só en San Sebastián, Madrid e Valencia). Tamén poderemos rotar o mapa xirando cos dedos.
Mapas offline
Pero se cadra máis destacada (ou máis útil para nós) é a posibilidade de acceder aos mapas sen conexión, gardando un caché dos mapas que visitamos. Tamén recollerá automaticamente datos das zonas polas que nos movemos, así, cando nos conectemos a unha WiFi baixará os mapas para telos a disposición.
Deste xeito, poderemos acceder a eles cando non teñamos cobertura e casos similares.
Só é válida para Android 2.1 e superiores.
Tamaño instalada: 10, 95 MB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación (ou ligazón aquí):

Sobre o autor

Reply