Despois de moito, moito tempo, Vodafone vén de anunciar a actualización das HTC Magic a FroYo (Android 2.2). Este lanzamento é especial, xa que este terminal, presentado en 2009, supuxo un antes e un despois para os smartphones: un terminal a bo prezo e boas características.
Isto fixo que moita xente se lanzara a probar as marabillas dos smartphones e, dito sexa de paso, de Android.
A versión de FroYo para as Magic está adaptada aos seus 192 MB de RAM, o que fai que algunhas aplicacións de Android 2.2 estean “capadas” (fondos animados, flash..).
Actualizarase mediante OTA, que chegará nos vindeiros días en 2 paquetes: un primeiro preparatorio e o segundo actualizador.
En Mallando na e-ira xa vos contamos o sábado como podíades facer esta actualización de xeito manual. As experiencias dos que o fixeron sinalan que o cambio é notorio.
HTC Wildfire
Tamén hoxe Vodafone anunciou a actualización a Froyo do HTC Wildfire, un terminal máis recente, de gama media e moi recomendábel.
Vía: Vodafone