Seguramente xa teredes oído falar de Dropbox, un dos servizos de almacenaxe de arquivos na nube máis eficientes, xa que alén de permitir ter os nosos arquivos accesíbeis dende a web conta con aplicacións para Linux, Mac, Windows e sistemas móbiles, creando unha especie de cartafol no noso sistema operativo, o que facilita moito o manexo de arquivos (posibilidade de copiar-pegar, etc).
Entre as aplicacións para móbiles dicir que ten para iPhone, iPad, Blackberry e, por suposto, Android, na cal nos centraremos. Con esta sinxela aplicación, poderemos acceder aos nosos arquivos dende o noso smartphone, crear cartafoles, mover arquivos entre eles…
Mais tamén outras opcións avanzadas, como streamming de audio e vídeo ou compartir fotos. Esta última é unha opción que a min me resulta moi interesante: Dropbox instálase tamén no menú de “compartir”, polo que poderemos seleccionar as nosas fotos e vídeos, e compartilas co noso Dropbox, o xeito máis sinxelo de pasalas ao computador.
Se non dispoñedes de conta de Dropbox podedes facer unha aquí
Tamaño instalada: 2,80 MB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación (ou ligazón aquí):