Foursquare é unha aplicación que permite aos usuarios, previo rexistro, interactuar con outros contactos mediante a autoxeolocalización: cando o usuario chega a un punto de interese (enténdense como este lugares públicos), pode facer checking in, é dicir, rexistrase no lugar (chamados venues). Ademáis, permítee compartir este posicionamento a través doutras redes sociais, léase Twitter.
Con estes checking in, os usuarios van gañando badges (insignias) relacionados coa súa actividade, o que fai que a actividade de chequear se convirta nun xogo. Pódese ver unha listaxe completa dos badges acó. Ademáis, o usuario que teña máis chequeos nun mesmo venue será o Mayor (alcalde).
A aplicación de Foursquare está dispoñíbel para diversos sistemas operativos móbiles (Android, iPhone, BlackBerry, Symbian, Palm e Windows Mobile.
A aplicación para Android permítenos interactuar 100% con Foursquare. Poderemos, ademáis de facer checking in, introducir novos venues (*), ver os consellos que deixaron outros usuarios, deixar os nosos…
A nova versión da aplicación, lanzada o pasado xoves, mellora os comentarios e incorpora unha característica moi interesante: o checking in con foto (é dicir, poderemos compartir unha foto á vez que nos xeolocalizamos). Ademáis, incorpora 2 widgets, un para facer chequeos máis rápidos e outro para ver a actividade dos amigos.
Tamaño instalada: 2,20 MB
Prezo: de balde
Código QR para a súa instalación (ou ligazón aquí):
*Ás veces, sobre todo se non temos activado o GPS, pode que non nos apareza o venue do lugar onde nos atopamos, malia que estea rexistrado. Neste caso, antes de introducir un novo venue, podemos buscalo dende o menú da aplicación, seleccionando Search.
Vía Foursquare