O CES é un dos eventos máis agardados do ano, xa que é unha das citas indispensábeis para presentacións de gadgets e tecnoloxía en xeral.
Na xornada de hoxe púxose fin á rumoroloxía existente arredor da versión de Android posterior a Gingerbread: Honeycomb. Sería Android 3.0? Android 2.4? Confírmase que Honeycomb será Android 3.0, unha versión destinada a tablets e non a smartphones.
Como podemos ver neste vídeo compartido dos compañeiros de Engadget, existe un cambio radical de interface, novidosa para Android, e versións das aplicacións optimizadas para as pantallas das tablets.
Destaca tamén un novo teclado e o lanzador de aplicacións.
Ademáis, AT&T confirmou que comercializará a nova tablet de Motorola con Honeycomb, que según rumores contará cunha pantalla de 10.1 polgadas e conectividade HSPA+, e será o primeiro dispositivo en contar con esta versión de Android.
Vía Engadget