Motorola Xoom, primeiro tablet Honeycomb

Onte adiantábamosvos que no CES confirmárase que Honeycomb sería unha versión de Android destinada a tablets e que Motorola tería a honra de contar co primeiro dispositivo do mercado con ela.
Xa sabemos algo máis del: chámase Motorola Xoom e é un dispositico con dobre procesador, optimizado para descargas e streamming moito máis rápido.
A pantalla é de 10.1 polgadas en alta definición, cunha resolución de 1280×800 pixeles e Gorilla Glass. Ten 2 cámaras, frontal e traseira (para poder facer videochamadas), gravación de vídeo en alta definición, 5 megapixeles na cámara traseira, que conta con flash LED e zoom dixital. Ademáis conta con 1 GB de RAM.
Preparado para a nova xeración móbil 4G (LTE), o primeiro dispositivo Honeycomb tamén soporta Adobe Flash Player para unha navegación mellor.
Accesorios
No seu lanzamento, a Motorola Xoom xa conta cun completo catálogo de accesorios, que inclúe varios dock (escritorio e coche), teclados sen fíos, cargadores, dispositivos de mans libres
Vídeos
Introdución
Construción

Sobre o autor

Reply