Sony Ericsson vén de anunciar a través do seu Twitter oficial no Reino Unido que os Xperia X10 non verán, polo de agora, actualizacións a versións posteriores a Android 2.1. É dicir, que os usuarios da familia Xperia poden esquecerse de agardar polas versións iniciais de FroYo (Android 2.2) ou Gingerbread (Android 2.3)
Todo apunta a que o fabricante sueco-nipón traballará máis polos novos terminais, como o futuríbel PSPhone e o Xperia Arc, presentado estes días no CES, e que xa trae Gingerbread instalado.