Google Goggles actualízase e resólveche Sudokus

Google Goggles é desas aplicacións da listaxe de imprescindíbeis para ter instaladas no noso Android. Basicamente, o que fai é sacar unha fotografía e escaneala para darnos información: texto, logotipos, portadas de libros, códigos de barras…
A nova actualización, a versión 1.3, escanea códigos de barras (ou QR) máis axiña, dando información completa sobre os produtos (que é, onde mercalo…). Máis, sen dúbida, unha das utilidades máis curiosas é a resolución de Sudokus. Si, liches ben, resolve Sudokus!
Podedes ver como vai esta nova funcionalidade no seguinte vídeo

Sobre o autor

Reply