Mufin. A túa música sempre contigo, en Internet ou no teu Android

Existen diversos servizos que nos permiten gozar de música en streaming, un dos casos máis coñecidos é o de Spotify, que conta cun reprodutor para diferentes sistemas operativos móbiles, malia que se queremos usalos deberemos pagar a suscrición premium.
Mufin é unha alternativa diferente, creada pola empresa alemana Magix, expertos en software para música. Trátase de toda unha gama de servizos gratuítos que nos permitirán gozar da nosa colección musical aló onde teñamos unha conexión a Internet.
O primeiro que debemos facer é rexistrarnos na súa web cubrindo uns poucos datos. Logo diso poderemos baixar o software para PC, o Mufin Player (só hai versión para Windows e a instalación en Ubuntu 10.10 a través de Wine non funciona).
Trátase dun completo e moi visual reprodutor multimedia e cuxo uso é moi intuitivo grazas a unha interface moi amigábel. Ademáis, o reprodutor fai un completo análise da música importada buscando similitudes para ofrecernos unha recomendación de listas de reprodución.
Máis iso non é todo, poderemos sincronizar toda esa música co Mufin Drive, un disco duro virtual de 1 GB na versión gratuíta (25 GB na pro, 12 meses a 29,99 $) e acceder a unha versión web do reprodutor o Munfinplayer.com con idéntica interface á versión software, coa que poderemos escoitar a nosa música  dende calquera computador conectado a Internet.
O mellor inda está por chegar: Mufin conta cunha aplicación para Android, tamén gratuíta, cunha interface diferente ao que poderíamos agardar dun reprodutor habitual, no que as cancións represéntanse nun firmamento de puntos ordeados en función de dous eixos que permiten unha navegación fluída entre elas. A través de streaming poderemos escoitar toda a nosa música aló onde vaiamos co noso terminal Android.
A que agardades para probala?
Tamaño instalada: 0,99 MB (instalábel nas tarxetas SD)
Prezo: de balde.
Código QR para a súa descarga e instalación (ou ligazón aquí):

Sobre o autor

Reply