Samsung lanza o Galaxy Player 50 en España

Estamos acostumados a que Android sexan smartphones e, dende non hai moito, tamén tablets. Mais Android pode con todo, algo que dende Samsung souberon aproveitar e co que agora lanzan o Galaxy Player 50.
Trátase dun reprodutor multimedia baseado en Android, o que permite desfrutar non só do contido multimedia que teñamos no terminal, senón tamén de todo o que queiramos a través de Internet sen necesidade de ter contratada unha tarifa de datos ao dispór de conexión WiFi.
Google Maps, correo electrónico, Twitter… todo o que poidamos imaxinar – e que exista – estará na nosa man, xa que ten acceso ás aplicacións dispoñíbeis a través do Android Market.
Pesa tan só 84 gramos e ten un ancho máximo de 11.08mm. Venderase en branco e por 169 €.

Sobre o autor

Reply