Hai uns días comentouse que a OTA de Android 2.2.2 para os Nexus One liberábase e dende onte xa está chegando aos móbiles mercados en Estados Unidos. Os usuarios de terminais adquiridos a través de Vodafone terán que agardar a que a compañía vermella actualice, feito que, dacordo co ocurrido con anteriores actualizacións e aos nosos cálculos, non acontecerá até dentro dunhas 2 semanas.
Trátase dunha actualización de 550 Kb que vén a corrixir algún erro, máis sobre todo serve como preparativo para recibir Gingerbread (Android 2.3) en ?pouco? tempo.
Así que tranquis, que coas actualizacións de Android cúmprese o de Be patient, my friend.