Con esta entrada, inauguramos unha nova subsección dentro do que falamos sobre Android, no que compartiremos pequenos trucos que tampouco teñen a categoría de entradas. Tedes pois á vosa disposición unha nova ligazón no apartado de Mallando no Android a esta categoría de entradas, e tamén o enderezo colaboracions(at)mallando.com por se queredes enviarnos algún.
Nestes días nos que estamos pendentes de importantes actualizacións de sistema, ensinámosvos como forzar a busca destas (non polo método tradicional a través do menú).
Trátase de ir ao modo teléfono (teclado) e marcar a secuencia:
*#*#checkin#*#*
que traducido a “números” será:
*#*#2432546#*#*
Igual levades unha sorpresa…
oohh, non me aparece nada…
Daquela é que tes a última versión instalada, ou que a OTA inda non está dispoñíbel para o teu terminal :;)
A min tampouco me aparece nada. Pero como no caso do Galaxy hai que facer actualización mediante Kies, igual así non vai…
Xose
Efectivamente, no caso do Galaxy vai mediante Kies.
Que da bastantes problemas. Hai veces que é imposible que o kies detecte o mobil…