Mallando estará no Mobile World Congress de Barcelona #mwc11

O Mobile World Congress (MWC) é un congreso de carácter anual que se celebrará en Barcelona entre o 14 e o 17 de febreiro e que xira entorno ao mundo da comunicación móbil, pretendendo fomentar a colaboración internacional nas tecnoloxías de comunicación móbil. É ademáis, xunto ao CES de Las Vegas, o espazo no que levan a cabo o maior número de presentacións en materia de solucións móbiles.
Mallando na e-ira, como non podería ser doutro xeito, desprazarase até Barcelona para seguir en directo todo o que aló aconteza e contárvolo, como xa o fixemos durante SIMO Network. Será a primera vez que un evento destas características sexa retransmitido en directo e in situ en galego, reto que afrontamos con moita ilusión, máis tamén con moita responsabilidade.
Comentar finalmente, que alén das entradas do blogue, faremos un seguimento especial a través das contas de Twitter  @mallando e @iagovarela.

Se queres enviarnos suxerencias para o MWC ou se tamén vas e queres que manteñamos unha xuntanza en Barcelona, escribe un correo a iago(at)mallando.com

Podedes ver un adianto do que nos atoparemos en Barcelona neste vídeo.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Alicia 30 Xaneiro, 2011 Responder
  2. Denébola 3 Febreiro, 2011 Responder

Reply