Gasolineras España, ou como aforrar co tu Android

A ninguén se lle escapa que o prezo do combustíbel está polas nubes e, desafortunadamente, non está na nosa man facer que cambie. Pero o que si podemos facer é buscar que gasolineiras do noso arredor teñen o prezo máis económico e aforrar así uns euriños, que nunca está de máis.
Falamos de Gasolineras España, unha aplicación de Mobialia, que nos amosa sobre un mapa de Google as gasolineras que hai ao noso arredor (ben vía GPS, ben por localización por antena), nun radio que definamos, xunto ao prezo do combustíbel e a marca.
Entre as opcións de configuración, destacan os criterios de prezo, distancia ou marca, algo que se agradece. Sen dúbida é unha aplicación ben interesante e recomendábel, que ademáis ten o plus de ser de balde
Prezo: de balde

Código QR para a súa descarga e instalación (ou ligazón aquí):

Sobre o autor

Reply