Google presenta novidades en Android

Xa tiñamos ganas de ver o evento que Google tiña preparado para hoxe, anunciado como un evento Honeycomb, xa sabedes, a versión Android 3.0, pensada para tablets.

E que vimos? Pois máis imaxes da súa interface, con novos widgets moi vistosos e cómodos, para unha consulta rápida de correos, calendario…

A barra de notificacións mellora sensibelmente e permite xestionar as notificacións, conexións e luminosidade da pantalla de xeito sinxelo.

Ao igual que nas versións de smartphone de Android, podemos ver todas as pantallas nunha única.

Os xogos gañan moito cos procesadores dual core, puidemos ver dous exemplos, un pensado para a multipulsación táctil e outro 3D.

Tamén puidemos ver novas aplicacións para Gmail, YouTube, o reprodutor musical e a cámara.. Da primeira destaca a posibilidade de mover os correos a cartafoles co simple xesto de arrastrar, mentres que nas de YouTube, no reprodutor e na cámara sorprende a vistosidade que teñen e o cómodas que parecen.

.

Tamén deixaron ver 2 novas aplicacións: Google Body, coa que se pode ver todo o corpo (realmente interesante e impresionante) e CNN, a aplicación da canle de novas, que engade funcionalidades como a da participación de todo o mundo mediante a carga de fotos e vídeos. Velahí unhas capturas:

Finalmente, tamén puidemos ver unha das aplicacións máis demandada, a integración do videochat a través de Google Talk, con demo en directo incluída.

Android Web Market

E si, ao fin púxose en marcha o Android Web Market, accesíbel dende http://market.android.com Dende el poderanse ver as aplicacións dispoñíbeis no Market comodamente, consultando toda a información sobre as mesmas e o mellor de todo: mercalas e facer que de xeito automático se descarguen no noso terminal. E non, non é maxia. é Google.

Do que non se falou nada foi do Google Music, ese rumor constante sobre un hipotético servizo de música que Google quere poñer en marcha. Quizáis noutra ocasión, quizáis non.

Sexa como fór, Google despediuse citándonos no Mobile World Congress de Barcelona, aló estará Mallando para contárvolo.

Persoalmente, paréceme que Google ponse por diante de Apple con Honeycomb. A ver que pasa na rúa.

Actualización: 03/02/2011. Engadimos o vídeo da presentación

Sobre o autor

3 Comments

  1. ifrit 3 Febreiro, 2011 Responder
  2. iago varela 3 Febreiro, 2011 Responder
  3. ifrit 3 Febreiro, 2011 Responder

Reply

Deixa una resposta a iago varela Cancelar a resposta