Nunha presentación presidida por Jong-Seok Park, CEO e presidente, quen fixo un breve repaso polos logros da compañía, LG sentou as bases para un mundo en 3 dimensións, presentando o Optimus 3D e o Optimus Pad.
Optimus 3D
LG aposta forte polo mundo en 3D, ofrecéndoo como o “máis parecido á vida real”, por suposto sen ter que usar lentes para disfrutar del. Para ilo, o seu Optimus 3D conta con dúas cámaras de 5 megapíxeles separadas 24 mm (imprescindíbel para ofrecer a visión en 3D)
O Optimus 3D é o primeiro terminal con dobre procesador, dobre memoria e dobre canle, o que permite unha carga moito máis rápida de páxinas web e saída HDMI
Optimus Pad
LG decidiu apostar por unha tableta que, nas súas palabras, fose útil tanto para traballo como para ocio. Na presentación fixeron especial fincapé na diferenciación sobre outros produtos cuxos sistemas operativos non estaban optimizados para tablets (en clara alusión á Galaxy Tab) ou que pesaban demasiado (referenciando o iPad).
Basearon o deseño da nova tablet en 3 piares, que forman a palabra PAD (de Optimus Pad): Productividade, Advanced Multimedia e Deseño e Portabilidade).
Conta con dual core, Android Honeycomb (3.0), multitasking e unha navegación moito máis rápida.
En canto á multimedia, tamén conta con dúas cámaras de 5 megapíxeles que lle dan a posibilidade de gravar vídeos en 3 dimensións. A saída HDMI ofrece a posibilidade de enchufar unha televisión en 3 dimensións, para desfrutar do noso contido.
Finalmente, no que ten a ver co deseño, ten unha pantalla de 9,7 polgadas e pesa de 630 gramos.
Ademáis, informaron da chegada de outros 2 smartphones, o Optimus 2Xe e o Optimus Black, pero non deron información deles. Verémolos na feira e contarémolo.
Estarán dispoñíbeis en Europa dende maio.