Vodafone vén de anunciar no marco do MWC que será o operador que traerá a España o Nexus S, o digno sucesor do Nexus One. Contará ademáis con 3 meses de exclusiva, inda que se nos fixamos no acontecido co Nexus One (que ía ser exclusivo 1 mes e inda non hai alternativas que co operador vermello), podería ser maior.
O Nexus S, do que xa falamos neste blogue, está fabricado por Samsung e foi o primeiro terminal en contar con Android 2.3 (Gingerbread). Poderase adquirir dende 0 €.
Tamén puidemos saber, a través dun tweet da compañía, que serán os que traian o Samsung Galaxy Tab 10.1. Segundo puidemos saber hoxe a través de Samsung, chegará antes do verán