Foursquare anuncia no MWC a chegada de 5 novos idiomas á súa aplicación #mwc11

Dennis Crowley, CEO de Foursquare, anunciou hoxe no marco do Mobile World Congress a dispoñibilidade de 5 idiomas novos para a aplicación de xeolocalización por excelencia. Así, Foursquare está agora dispoñíbel en español, francés, alemán, italiano e xaponés.
Crowley tamén comentou que conta con 6,5 millóns de usuarios, que entre todos suman algo máis de 2 millóns de checkins ao día, un crecemento que supón un 3500% o ano pasado.
Finalmente, dende Foursquare informaron de que os esforzos da compañía pasarán pola API, para permitir a integración con outras aplicacións e non quedar atrás, despois dos lanzamentos de Places, por parte de Facebook e o Maps de Google.
Para descargala, acceder ao Market ou usar o QR desta entrada que publicamos hai algún tempo.

Sobre o autor

Reply