Google é capaz de aledarnos o día cun só tweet:
Como podedes ver, chega Gingerbread aos Nexus One, inda que a OTA tardará algunhas semanas en completarse.
Traerá consigo poucos cambios na estética, o máis destacado un teclado moito máis preciso ou cambios no deseño da barra de notificacións. Pero quizáis o máis importante é o que non se ve: melloras na duración da batería, menor consumo de CPU…
Inda nos fixo agardar Google con esta actualización, eh?