Nun evento como o Mobile World Congress falar de terminais “normaliños” é falar de grandes terminais, pero que pasan un pouco máis desapercibidos debido a presentacións de maior alcance. Xa falamos nunha entrada anterior dos grandes terminais de LG, dotados de tecnoloxía 3D.
Pero o MWC tamén serviu para que deran a coñecer outros dous terminais interesantes, o LG Optimus 2X e o LG Optimus Black.
LG Optimus 2X
O seu nome vén dado polos dobre núcleo que incorpora, algo que xa vén de serie en todos os dispostivos que se veñen presentando ultimamente, e con Android 2.2 (Froyo), inda que un dos responsábeis de LG afirmounos na feira que ao pouco de saír ao mercado recibirá Gingerbread.Entre as súas caracterísitcas técnicas, nada destacábel. Iso si, o seu deseño é digno de mención, con 9,6 mm de grosor. Vexámolo en vídeo.
LG Optimus Black
Trátase doutro terminal que sairá á venda con Froyo, actualizábel a Gingerbread (inda que neste caso non no-lo quixeron confirmar tan taxantemente), e poderíamos consideralo un terminal de clase media e de características “habituais”: WiFi, HSPA, batería decente, cámara de 5 megapíxeles e un procesador de 1 GHz. Conta tamén con cámara dianteira pensada para videochamadas.