Como sabedes, vimos de poñer en marcha Mallando no Android, un blogue exclusivo para falar de Android en galego da rede Mallando.
E querémolo celebrar con todas e todos vós cun concurso ao que vos animamos a participara para levar un destes premios:
- 1º PREMIO: 1 mini Android + 1 pin.
- 2º PREMIO: 1 mini Android
- 3º PREMIO: 1 pin
E como se participa? Moi sinxelo. Só tes que facer o seguinte:
1.- Ser seguidor/a de Mallando en Twitter e/ou Facebook.
2.- Podes participar en Twitter, Facebook ou ambas redes. Participar nunha soa dá 1 participación, nas dúas, 2.
3.- Participar nunha destas redes sociais implica facer o seguinte:
- En Twitter. Escribir un tweet coa seguinte frase: “Eu participo no sorteo de Mallando no Android, da rede de blogues @mallando. E ti? http://malla.me/concursomallando”.
- En Facebook. Poñer no teu taboleiro “Eu participo no sorteo de Mallando no Android, da rede de blogues Mallando. E ti? http://malla.me/concursomallando”
4.- MOI IMPORTANTE: Cubrir este formulario.
REGRAS
- A elección é totalmente aleatoria.
- Só poden participar contas persoais, nada de asociacións, empresas ou similares.
- Cada participante recibirá 1 participación (se só elixe unha rede social) ou 2 (se fai o propio en ambas), pero só poderá levar un premio.
- O concurso remata ás 23:59 horas do sábado 19 de marzo. O propio domingo 20 de marzo á mañá publicarase a listaxe de participantes co número de participacións asociados a cada participante.
- A/o gañadora/o do primeiro premio elixirase coa operación matemática módulo: “número do sorteo da ONCE do domingo 20 de marzo” MOD “número de participantes”. O segundo premio irá a quen teña a seguinte participación, e así sucesivamente. De caer cara o final da lista, “a seguinte” enténdese como “a primeira”.
- O envío dos agasallos correrá a cargo de Mallando, agás para territorios alleos ao Estado español.
- Calquera incumprimento das normas implicará a expulsión do concurso.
Difunde!
eu xa me apuntei, a ver se toca 😀
Outro máis que xa se apuntou 😉
Moita sorte 😉