Primeiro concurso de Mallando no Android

Como sabedes, vimos de poñer en marcha Mallando no Android, un blogue exclusivo para falar de Android en galego da rede Mallando.
E querémolo celebrar con todas e todos vós cun concurso ao que vos animamos a participara para levar un destes premios:
  • 1º PREMIO: 1 mini Android + 1 pin.
  • 2º PREMIO: 1 mini Android
  • 3º PREMIO: 1 pin

E como se participa? Moi sinxelo. Só tes que facer o seguinte:
1.- Ser seguidor/a de Mallando en Twitter e/ou Facebook.
2.- Podes participar en Twitter, Facebook ou ambas redes. Participar nunha soa dá 1 participación, nas dúas, 2.
3.- Participar nunha destas redes sociais implica facer o seguinte:
  • En Twitter. Escribir un tweet coa seguinte frase: “Eu participo no sorteo de Mallando no Android, da rede de blogues @mallando. E ti? http://malla.me/concursomallando”.
  • En Facebook. Poñer no teu taboleiro “Eu participo no sorteo de Mallando no Android, da rede de blogues Mallando. E ti? http://malla.me/concursomallando”

4.- MOI IMPORTANTE: Cubrir este formulario.

REGRAS
  1. A elección é totalmente aleatoria.
  2. Só poden participar contas persoais, nada de asociacións, empresas ou similares.
  3. Cada participante recibirá 1 participación (se só elixe unha rede social) ou 2 (se fai o propio en ambas), pero só poderá levar un premio.
  4. O concurso remata ás 23:59 horas do sábado 19 de marzo. O propio domingo 20 de marzo á mañá publicarase a listaxe de participantes co número de participacións asociados a cada participante.
  5. A/o gañadora/o do primeiro premio elixirase coa operación matemática módulo: “número do sorteo da ONCE do domingo 20 de marzo” MOD “número de participantes”. O segundo premio irá a quen teña a seguinte participación, e así sucesivamente. De caer cara o final da lista, “a seguinte” enténdese como “a primeira”.
  6. O envío dos agasallos correrá a cargo de Mallando, agás para territorios alleos ao Estado español.
  7. Calquera incumprimento das normas implicará a expulsión do concurso.
Difunde!

Sobre o autor

3 Comments

  1. el_javiero 11 Marzo, 2011 Responder
  2. Uxío 11 Marzo, 2011 Responder
  3. iago varela 11 Marzo, 2011 Responder

Reply

Deixa una resposta a Uxío Cancelar a resposta