En países como Xapón é moi habitual que a xente desfrute da televisión no móbil nos seus desprazamentos. Froito deste interese, os terminais que se venden neses lugares adoitan contar cun sintonizador de TDT (habitual nos terminais Dual SIM que se venden por Internet, inda que a meirande parte deles non valen para a nosa TDT).
Pero hoxe traémosvos unha aplicación diferente. Chámase TheChannel e permite disfrutar de streaming de televisión vía web. Permítenos escoller entre centos de canles, organizadas de diferentes xeitos, quizáis a máis cómoda por idiomas. Atopamos de todo, dende a emisión da Galega até LaSexta, pasando por Euronews ou TVE, inda que tamén faltan algunhas destacadas como Cuatro ou Telecinco.
Non ten limitacións en canto a que podemos usar a aplicación dende o 3G ou con cobertura WiFi inda que, como case sempre neste casos, é recomendábel usar a WiFi por estabilidade e non aumentar o consumo de datos móbil
É gratuíta e válida para androides con versións 1.6 ou superiores. Atopámola no Market ou neste QR: