Estes días, en Google non paran. Se onte vos comentabamos que actualizaban Google Maps, hoxe temos novidades en Navigation, o servizo de navegación.
A partires de agora, a aplicación contará con información do tráfico en tempo real, xerando alternativas para evitar os atascos e elixindo a ruta máis rápida, un servizo que estará dispoñíbel en América e Europa (nos países nos que xa estaba habilitado o Navigation, como é o caso de España). Iso si, polo de agora tan só se oiu dalgún usuario da zona de Madrid que aseguraba dispoñer de tal funcionalidade.
A aplicación, como todas as de Google, é gratuíta e a podedes descargar dende o Market ou co seguinte código QR:
Vía Google Blog