GeeksPhone Zero, un androide ‘made in Spain’

Fai algo máis dun ano saía á venda o GeeksPhone One, unha aposta con capital español para achegar o último en Android a prezos razonábeis. Estes días toca falar do seu sucesor, o GeeksPhone Zero.
Vén provisto de Gingerbread (Android 2.3) e rooteado de fábrica. Conta ademáis cunha ROM creada por Cyanogen e aseguran que os compradores ‘sempre estarán coa última versión’.
Características técnicas.
  • Tamaño e peso: 105x58x13mm. 119 gr.
  • Pantalla: Multitáctil, 3,2 polgadas e 480×320 píxeles.
  • Cámara: 5 MP, sen flash.
  • Batería: 1150 Mah
  • Procesador: Qualcomm MSM 7627-2, 600 MHz e GPU AMD Z430.
  • Conectividade: Redes móbiles (GSM, GPRS, EDGE, UMTS, HSPA), WiFi (b/g), Bluetooth 2.1.
  • Conexións: microUSB, tarxeta SD (até 32 GB), jack.
  • GPS, radio FM, brúxula dixital, sensores de luz e proximidade.
Prezos.

O prezo tamén é algo determinante para GeeksPhone. Considéranse os seguintes:
  • Libre: 189 €
  • Primeiro mes dende o lanzamento: 179 €
  • Posuidores do GeeksPhone One: 169 €
Así, quen non ten un Android?
Fonte da Imaxe: And.roid.es

Sobre o autor

Reply