Sleep as an Droid, mellora os teus despertares

Na miña primeira entrada por estes lares quero falarvos dunha aplicación das máis completas que podedes encontrar no market, sleep-as-an-Droid, unha aplicación para despertarnos que vén con infinitos engadidos que farán dela unha aplicación coa que ir sempre a cama.

Se es coma min e cústache saír da cama polas mañás interesarache saber que esta aplicación basea o seu principal atractivo en monotorizarte mentres durmes e espertarte no mellor momento, elixindo este entre a última media hora de sono, no caso de que nesa media hora non acades ese momento ideal espértate igual para que logo non haxa sustos. Pero coma dixen esta aplicación ten moitos engadidos, podes elixir que che deixe durmir un pouco máis, o tempo ideal de descanso para que te avise cando sexa hora de ir a durmir, gravación de sons para saber que dis mentres dormes e moitas máis.

Unha das función que máis me gustou foi a que comproba que estás esperto, podes elixir entre unha operación matemática ou buscar a ovella que non está durmida, a da operación estou seguro de que funciona. Os creadores recomendan conectar o móbil pola noite se usas a aplicación para evitar espertar sen batería ou directamente non espertar.
Esta aplicación está dispoñible para a versión 1.5 ou superior, ten un período de proba de 15 días despois dos cales podes comprala por 0,99€, a versión de proba no market ou neste QR:

Sobre o autor

Reply