Parte do éxito xuvenil de BlackBerry está ligado ao chamado BlackBerry Messenger, un servizo de mensaxería instantánea entre dispositivoss RIM incluído dentro do BIS (o BlackBerry Internet Service). Mais nun mercado como o actual, no que existe certa diverxencia (Android, iOS…), as aplicacións destinadas a un único sistema operativo non teñen moito sentido, de aí o triunfo de aplicacións multiplataforma como Whatsapp.
Pois segundo apuntan dende BGR, Blackberry podería estar a traballar en sendas aplicacións para Android e iOS (iPhone). Conseguirá facerse cun espazo na mensaxería instantánea multiplataforma? Porá limitacións ás aplicacións Android e iOS para diferenciar aos seus terminais?
Persoalmente penso que son modas, tamén pasa algo semellante con Fring [ http://www.fring.com/default.php ], que malia ter triunfado nalgún momento non se atopa no mellor momento.
Por outro lado, hai fabricantes que xa inclúen os seus xestores de redes sociais/mensaxería (non sei le leches o post de hoxe sobre Samsung…) que fan prescindíbeis aplicacións de terceiros.
Se hai unha campaña dalgunha operadora ou fabricante detrás, saen adiante
Unha pregunta: Por que non triunfa Meebo, co cal podes utilizar á vez a mensaxería de MSN, Gmail, Facebook, Yahoo etc.? En principio semella que non faría falta utilizar outro protocolo (Whatsapp, Blackberry Messenger) que é incompatíbel cos anteriores, non é?