O Samsung Galaxy Pro e o Corby II chegarán a España antes do verán

Samsung acaba de anunciar a chegada de dous novos terminais Android ao mercado Android durante esta mesma primavera, o Galaxy Pro e o Corby II, que pretenden dar resposta ás necesidades de dous tipos de público: o mercado profesional e a xente moza.
Trátanse de dous terminais de gama media, que poden ser interesantes para iniciarse no mundo de Android. Vexámolos máis polo miúdo.
Samsung Galaxy Pro
O Galaxy Pro é a nova aposta de Samsung para o público profesional, que non por ilo quere renunciar a desfrutar das redes sociais. Trátase dun dispositivo que combina unha pantalla táctil de 2,8 polgadas con teclado qwerty, aspecto que nos lembra en certa medida ás BlackBerry e que farán as delicias de quen teña que estar escribindo correos electrónicos todo o tempo.
Sairá ao mercado inicialmente con Froyo e a capa de personalización que inclúe Samsung, que incorpora, entre outras cousas, o Social Hub Premium, que permite o acceso ao correo electrónico, mensaxes instantáneos  e todas as contas dos perfís sociais pulsando un só botón.
Ademais, tamén traerá precargado ThinkFree, un completo editor de textos de Office que nos permitirá visualizar e editar todo tipo de documentos, como Word, Excel ou PowerPoint.
Estará dispoñíbel a partires da primavera no mercado español, tanto para mercalo libre como a través de Vodafone.
Características técnicas:
  • Sistema Operativo: Android 2.2 (Froyo)
  • Pantalla: TFT-LCD LQVGA (320×240), 2,8 polgadas
  • Procesador: 800 MHz
  • Dimensións: 66,7 x 108,6 x 10,6 mm, 103,4 gr
  • Batería: 1350 mAh
  • Redes: HSPA 7.2Mbpas / EDGE / GSM
  • Cámara: traseira de 3 MP, que tamén grava vídeo
  • Conectores: audio jack 3.5, Bluetooth 2.1, microUSB, WiFi b/g/n
  • Sensores: acelerómetro, brúxula dixital, sensor de proximidade
  • Radio.

Samsung Corby II
Pola súa banda, o Samsung Corby II é, como o seu nome indica, a evolución do Corby lanzado hai un ano polo fabricante coreano. Trátase dun terminal pensado para un público xuvenil, o que fai que coide aspectos como a personalización e a facilidade de acceso a redes sociais.
Dispón dunha pantalla de 3,4 polgadas e cámara de 2 megapíxeles (quizáis sexa este o punto flaco) e gran facilidade de acceso ás redes sociais a través so Social Hub, que contén moitas redes sociais e mensaxería instantánea (como Facebook Chat, Yahoo Messenger e Google Talk).
Sairá ao mercado nunha completa gama de cores vivos e chegará a España durante a primavera
Características técnicas
  • Sistema Operativo: Android 2.2 (Froyo)
  • Pantalla: TFT-LCD LQVGA, 3.14 polgadas.
  • Procesador: 800 MHz
  • Dimensións: 109,9 x 60,6 x 11,7 mm, 102 gr
  • Batería: 1000 mAh
  • Cámara: traseira de 2 MP, que tamén grava vídeo
  • Conectores: audio jack 3.5, Bluetooth 3.’, microUSB, WiFi b/g/n
  • Sensores: acelerómetro, brúxula dixital, sensor de proximidade

Sobre o autor

Reply