Sae á venda o Nexus S en España a través de The Phone House

Tras meses de espera, ao fin podemos anunciar a chegada do Nexus S a España. E non unicamente a través de Vodafone como prevíamos despois dos anuncios feitos durante o Mobile World Congress, dos que vos demos conta.
Chegará tamén da man de The Phone House, onde o poderemos mercar libre por 569 € ou vencellándonos a un contrato con Orange ou Yoigo dende 159 €. Isto é unha grande nova xa que permitirá que a xente elixa o operador que quere para disfrutar do terminal que lle interesa, algo que tamén se fixo co iPhone 4 con bos resultados.
O Nexus S é o sucesor do Nexus One, un terminal fabricado por Samsung e que conta con Gingerbread puro (sen a capa de personalización do fabricante). Podedes ver a videoanálise que fixemos no MWC aquí.
Ligazón á tenda

Sobre o autor

Reply