Nexus S con Vodafone. Os prezos

Hai un par de día comentabamos que o Nexus S saía á venda a través de the Phone House a uns prezos ben competitivos e onte a noticia dábaa Vodafone: saca o terminal de Google dende 0 € para particulares e 15 para autónomos.

Os 0 € serán para clientes que contraten a tarifa @L de 59,9 €/mes, veñan doutra compañía (portabilidade) e firmen un compromiso de permanencia de 18 €. Os actuais clientes da compañía tamén o terán dispoñíbel a través da tenda de puntos, no que se poderá conseguir por 129 € e 4000 puntos.
Os autónomos poderanse facer co Nexus S a partires de 15 € (e dende 95 € os clientes de empresa), tamén con portabilidade e permanencia de 18 meses na tarifa Plan Conecta Voz e Internet, que inclúe por 19 €/mes 1000 minutos para falar de 8-20h a calquera destino estatal e tarifa e 250 MB de navegación.

Sobre o autor

Reply