Unha das moitas vantaxes que temos os usuarios de Android é que nós non temos que pagar por disfrutar polos xa coñecidos mundialmente Angry Birds. Dende que Rovio sacou primeiro na AppStore e despois no Market esta aplicación non fai agora cousa que conseguir adeptos a este xogo que, cunhas normas moi básicas é capaz de entreter a todo o mundo.
Agora, tras as actualizacións de Angry Birds Seasons por Halloween, Nadal e San Valentín, tráenos unha nova actualización por San Patricio con 15 novos retos e 3 máis activables por Facebook. Pero as novidades non rematan aquí, porque xa hai rumores que indican que os novos episodios chamados Angry Birds Rio estarán dispoñibles en exclusiva para usuarios de Android a través da tenda de aplicacións que a empresa estado unidense Amazon estreará en breve.