Consegue máis espazo no teu terminal movendo aplicacións á tarxeta SD

Pode que cheguemos a un punto no que nos quedemos sen espazo na memoria interna do noso terminal para poder instalar máis aplicacións e, polo contrario, teñamos dispoñibilidade abondo na tarxeta SD. 
Dende Froyo (Android 2.2), podemos mover certas aplicacións á tarxeta SD, liberando espazo interno e non mudando nada a experiencia de usuario: as aplicacións correrán do mesmo xeito.
Mover estas aplicacións pódese facer dende o menú de Axustes mais, sen embargo, resulta moito máis cómodo facelo a través de aplicacións como App 2 SD, que xa indica que aplicacións podemos mover e ofrécenos a posibilidade de facelo. Ademais, cada vez que instalemos novas aplicacións que poidan ser movíbeis, notificarásenos na barra de tarefas.
A aplicación é gratuíta. Existe tamén unha versión de pagamento que quita a publicidade, inda que en vista do pouco intrusiva que é non paga a pena. Ambas as dúas, dispoñíbeis no Market: gratuíta e de pagamento

Sobre o autor

Reply