Winamp, o sonado reprodutor de escritorio tamén está en Android

Xa estades cansos do reprodutor que trae o móbil de serie? Non vos preocupedes, no Market podedes encontrar moitas alternativas. Da que vos vou falar hoxe chámase Winamp, quizais xa coñecida para moitos de vós pola súa versión de escritorio. A súa versión para Android hai pouco que saíu da beta.

Este reprodutor permítenos unha utilización moi intuitiva, tendo dispoñible dentro da aplicación, mentres navegamos pola nosa música, os botón de Pause, Play, Seguinte, Anterior e un botón específico para acceder a pantalla principal.
Pero o realmente interesante vén con todos os extras que este reprodutor nos ofrece para cada canción, pois conta con botóns adicados a buscar automaticamente e no buscador que nós seleccionemos o cantante, outro para buscar información da canción e do grupo, asínanos as carátulas do que estamos reproducindo e permítenos as clásicas opcións de repetición individual ou en grupo e reprodución aleatoria.
Pero é que fóra de cada canción aínda ten mellores extras, pois permíteche descargar música gratuíta seleccionada polo programa, conta coa función SHOUTcast para escoitar a radio a través de internet ou a opción de controlar o reprodutor coa pantalla bloqueada. Vamos, todo un abano de posibilidades que inclúen a sincronización, grazas á cal poderás sincronizar a túa música vía USB ou Wifi se contas con Winamp 5.6 para escritorio.
Podédelo baixar dende o Market se contades coa versión 2.1 ou superior, ou dende o seguinte QR. Por certo, é gratuíta.

Sobre o autor

Reply