Sei que o título pode soar algo rompedor, pero é que non se me ocorre outra forma de definir o que é o novo Altek Leo, un modelo que xa vén soando dende hai un ano cando saíu como prototipo, e que pese a estar no MWC andivo algo escondido.

As súas características como teléfono non están mal, pantalla mutitáctil de 3,2 polgadas e resolución WVGA, procesador de 800 MHz, lector de tarxetas microSD, Wifi, GPS, HSDPA, batería de 1020 mAh, un peso de 140 gramos e unhas medidas de 111,9×56,1×15,5 mm, que nos poden parecer excesiva pero pensade que é máis pequeno que o Xperia Play, e o máis importante de todo, Android 2.1 Eclair, que pode parecer algo desfasado.
Respecto a cámara podemos dicir que conta con 14 MP, que son moitos, zoom de 3x óptico e flash Xenon ademais dunha pequena suite de fotografía coma todas as compactas con detección de sorrisos, multidisparo e máis. Se nos fixamos veremos que aínda que de primeiras nos poda parecer máis unha cámara que un teléfono, na realidade pode cumprir as dúas función a perfección. O maior problema pode ser que de momento só estará dispoñible en China e Taiwán este mes, e aínda se descoñece o prezo e a fecha de chegada o noso país.
Que vos parece? Gústavos?