Android, tamén no exército

Os computadores, Internet, … as telecomunicacións están moi vencelladas ao eido militar. E non é algo alleo dicir que o exército dos Estados Unidos adoita ir un paso por diante neste sentido.
As últimas novidades están na incorporación de Android como sistema operativo de tablets para uso militar. De feito, o exército americano vén de encargarlle á empresa Harris Corp unha aplicación que permitirá controlar as cámaras IP situadas nos avións non tripulados, para obter máis detalles de intelixencia militar relacionados co terreo a observación.
Unha boa nova para Android, malia que os obxectivos sexan os que son.

Sobre o autor

Reply