Non perdas nin as chamadas perdidas

Las llamadas perdidas. Imaxe cortesía de Rakelilla/Robin

Estás en clase, ou nunha reunión ou conducindo… e alguén chama. E claro, non podes coller. E aos poucos minutos, volve chamar. E así sucesivamente.

Pode que para moitos esta situación sexa moi común e á vez molesta. E non sodes os únicos, por iso alguén se tomou a molestia de facer aplicacións que nos solucionan a vida nestes casos. Un bo exemplo é Miss Call Manager.
Esta aplicación ofrécenos a posibilidade de configurar mensaxes personalizados para enviar a contactos determinados. Así, se por exemplo nos atopamos no medio dunha viaxe en coche e a nosa nai nos chama para ver se chegamos ben, podemos ter configurado un sms que lle diga Estou conducindo, chámote eu cando chegue. Útil, eh?
O malo é que só permite o envío de SMS e para os que xa estamos esquecidos deste servizo de comunicación pode facérsenos raro. Iso si, a aplicación pode descargarse gratuitamente dende o Market.

Sobre o autor

Reply