WidgetLocker Lockscreen fai o que queiras da pantalla de bloqueo

Se fai pouca falábamos de como personalizar o Launcher e as aplicacións nativas, hoxe o que vos traio e unha pequena gran aplicación que permitirá que lle saquedes todo o partido posible a vosa pantalla de bloqueo e que a fagades o máis cómoda posible para cando un anda con presas.
WidgetLocker Lockscreen é unha das aplicacións máis completas que un pode encontrar no Market, permite unha personalización case absoluta da pantalla de bloqueo, permíteche seleccionar o tipo de deslizador así como seleccionar a aplicación que se activa dependendo do movemento que fagas co deslizador, permite axustar o widgets en tamaño e posición na pantalla e incluso seleccionar o tipo de reloxo. 
Como bonus para os que instalásedes ADW Launcher, dicirvos conta con partes axustables a través do mesmo. Coma sempre digo con estas aplicacións o mellor é probalas por un mesmo, pois sempre se poden descubrir novas melloras. WidgetLocker Lockscreen está dispoñible por 1,40€ para a versión 2.1 ou superior no Market ou a través do seguinte QR:

Coma sempre dicirvos que seguimos esperando que nos mandedes a vosa personalización e os programas que utilizades a android@mallando.com

Sobre o autor

Reply