Atopa a farmacia máis próxima

Ás veces precisamos unha farmacia que estea aberta e non sabemos se está ou non de garda. Para iso existe Farmadroid, unha aplicación que nos achega información das farmacias que están abertas e a distancia á que nos atopamos.
Polo de agora, inclúense 2293 farmacias das provincias de Zaragoza, Huesca, Teruel,  A Coruña, Murcia, Las Palmas, Badajoz, Lugo, Madrid, Málaga, Ceuta, Melilla, Ciudad Real, León, Burgos, Palencia, Castellón, Valencia, Asturias, Zamora, Córdoba e Pontevedra.
Se as bases de datos teñen o teléfono da farmacia en cuestión, dásenos a posibilidade de chamar directametne. Todas as facilidades, benvidas sexan.
A aplicación distribúese en 2 versións, unha gratuíta (soportada por publicidade) e unha de 0,99 €, sen publicidade.

Sobre o autor

Reply