Segue a actualidade da Fórmula 1 no teu Android

A piques de comezar a ruxir os motores dos bólidos da Fórmula 1 podes ir collendo sitio na grella de saída co teu androide. E é que xa está dispoñíbel a aplicación oficial da competición, para que todos os seareiros deste deporte poidan ter o control.
Como é de agardar, a aplicación actualízase en tempo real durante as carreiras proporcionando información sobre posicións, tempos, conta de voltas ou velocidades.
Así mesmo, tamén ofrece información sobre a metereoloxía no circuíto, como temperatura, nível de humidade ou dirección do vento.
Pódese descargar de balde dende o Market web.

Sobre o autor

Reply