Mañá sae á venda o Geeks Phone Zero

A comezos de mes falámosvos do Geeks Phone Zero, un potente androide de baixo prezo (de 169 a 189 €), que seguro que dará moito que falar. E é que Geeks xa demostrou co One que as boas características para un terminal non teñen por que ser privilexios ao alcance duns poucos, e co Zero quere repetir a historia.


A partires de mañá, ás 10 da mañá, poderase mercar dende a súa tenda web.

Deixámosvos cun vídeo no que se ve o Geeks Phone Zero en funcionamento.

Sobre o autor

Reply