Os Xperia X10 recibirán Gingerbread…. a partires do verán

Os usuarios de Android somos hiperimpacientes por natureza. Temos Android 2.1 e queremos 2.2. E unha vez que temos a actualización volvémonos ansiosos pola 2.3. Non é nada malo nin que deba preocuparnos, é simplemente iso, natureza.
Brincadeiras aparte, se un tempo atrás Sony Ericsson anunciaba que os Xperia X10 quedarían en 2.1 de por vida, estes días coñecemos a nova de que non, actualizaranse a Gingerbread (Android 2.3) no verán.
Sen embargo, esta actualización non afectará ao resto da gama, polo que o X10 mini, o mini pro e o X10  xa non recibirán máis actualizacións.

Sobre o autor

Reply