Imprime directamente dende o teu Android

Até hai ben pouco para imprimir dende o noso terminal Android tiñamos que botar man de Dropbox e unha serie de automatismos, pero dende a presentación de Google Cloud Print isto estaba condenado a morrer.
Agora cun par de simples axustes no noso navegador e unha aplicación para o noso teléfono podemos conseguir imprimir case calquera cousa do noso móbil, vexamos:

O primeiro que temos que facer é ir o navegador Google Chrome e activar a función: dentro de Preferencias, imos a Avanzadas, Google Cloud Print e dámoslle a activar; para calquera aspecto das nosas impresións acudiremos aquí de novo sempre que sexa necesario.
Unha vez feito isto acudiremos o Market onde descargaremos Cloud Print Beta, aplicación gratuíta para versións de Android 2.0 ou superiores. O descargarse pediranos a conta que queremos vinculala, que será mesma que a do noso navegador, podedes ver a configuración neste vídeo en inglés do propio autor:
Unha das cousas que máis me gusta desta aplicación son todas as opcións que che permite a hora de imprimir, pois déixate imprimir case de todo e podes seleccionar os arquivos ou desde a mesma aplicación ou no menú despregable para compartir de cada aplicación.

O único malo é que polo de agora só está dispoñíbel para Windows, inda que dende Google asegurán que non se tardará moito en habilitar para outros sistemas operativos.
O que si, tédesvos que acordar e de deixar o computador e a impresora encendida, papel, tinta e todas esas cousas, para evitar sustos!

Sobre o autor

Reply