Angry Birds Rio xa dispoñible no Android Market

Moitos foron os rumores acerca da saída do novo título de Rovio o Market, pois coa súa saída no Amazon Market chegouse a pensar que non estaría no Android Market ou que se saía, sería de pago, pero o final os rumores non acertaron.
Angry Birds Rio xa está dispoñible para descargar no Market de forma totalmente gratuíta para o disfrute dos seareiros desta saga. Nesta nova edición atoparédesvos con dous novos episodios e 60 niveis que superar, ademais dunha ambientación baseada na cidade de Río de Janeiro, novas froitas escondidas e moito máis.
Coma sempre Rovio promete actualizacións e melloras o longo do 2011, como comprobaremos en canto instalemos o xogo. Esta nova versión está dispoñible no Market para versións 1.6 ou superiores de Android.

Sobre o autor

Reply