Amazon presenta o seu servizo de música en streaming

A empresa americana Amazon acaba de adiantarse a todos os seus competidores presentando un servizo de música en streaming cun límite de 5 Xb na versión gratuíta ampliables os 1000Xb na versión de pago.
Con este movemento, xunto coa saída da tenda propia de aplicacións para Android, Amazon sitúase coma un rival máis a hora de ofrecer servizos na nube.


Amazon non presenta exactamente un servizo exclusivo de música en streaming, o que presenta é un servizo do estilo de Dropbox que che permite gardar ate 5 xigas de documentos, fotos , vídeos e cancións na nube de forma gratuíta mediante unha páxina adicada na propia páxina da empresa accesible dende calquera navegador do mundo que sexa capaz de correr flash.
A gran diferenza respecto ao resto vén en que Amazon lanzou ao mesmo tempo unha aplicación no Market que se encarga de reproducir as cancións que teñas gardadas no seu servizo directamente e dunha forma doada e sinxela, adiantándose así os rumoreados servizos na nube de Google. 
Se tedes unha conta na empresa americana poder probar o servizo a través deste enlace, para a aplicación teremos que esperar, pois aínda que aparece no Market non no la permite descargar.

Sobre o autor

Reply