Publicidade de Android. Cada vez máis (e mellor)

Vouvos confesar unha cousa: encántame a publicidade. Imos ver, non a todo a publicidade, senón aquela un tanto inxeniosa, na que se ve que hai un traballo de creatividade detrás.
Até non hai moito a publicidade de Android era escasa (máis ben nula), pero dende hai cousa dun mes isto está a mudar e cada vez atopamos máis anuncios que teñen como protagonista ao noso robot verde favorito.
A cadea de venda de móbiles The Phone House aposta forte esta primavera por Android, ofrecendo unha gama bastante ampla de terminais, que se verá complementada coa chegada das novas tablets e algún dos teléfonos que se presentaron durante o MWC. A campaña complétase con este anuncio televisivo:
Sen embargo temos que saír fóra das fronteiras para atopar campañas moito máis potentes, como esta elaborada por unha operadora coreana.

Sobre o autor

Reply