Hextacy, engánchate ao xogo dos hexágonos!

Estes días andiven xogando moito con Hextacy, un xogo de estilo puzzle que fará que exercites as túas neuronas renqueantes.

O xogo consiste nunha serie de hexágonos de cores que poderemos eliminar arrastrando o dedo por riba deles, sempre e cando estean en grupos de 3 ou máis. Ao eliminalos, os hexágonos que quedaran na parte superior caerán, ao estilo Tetris.
O xogo dispón de varios modos de xogo na súa versión de pagamento (na gratuíta só o modo Clásico):
  • Classic (Clásico): é a versión máis sinxela. Nela, unha vez que eliminemos todos os hexágonos posíbeis, aqueles que quedaran sen eliminar quedarán inactivos durante unha quenda. Ademais, atoparémonos de cando en vez con ferramentas que nos permitirán activar os hexágonos inactivos ou mesmo eliminar ringleiras completas.
  • Hardcore (Hiperdifícil): diferénzase da versión clásica en que só se poden eliminar grupos de 3, non de máis.
  • Pure (Puro): diferénzase da versión clásica en que non ten as ferramentas de eliminación.
Como xa comentaba, Hextacy está dispoñíbel só para androides 2.1 ou superior, e en dúas versións: unha de proba, gratuíta e limitada, e a de pagamento, que costa 1,67 € e dá acceso ao xogo completo.
No seguinte vídeo podedes ver como funciona:

Máis info: web

Sobre o autor

Reply