Probamos o SPB Shell 3D, un launcher realmente impresionante (inclúe videoanálise)

Hai quen di que sobre launchers está todo escrito, pero eu coido que non: os nosos androides permiten milleiros de personalizacións e tendo en conta que sobre gustos non hai nada escrito… cantas posibilidades se vos ocorren? Infinitas, non?
Pois unha delas é SPB Shell 3D. Trátase dun launcher cuxa visualización está realmente coidada, cunha interface en tres dimensións que chama moito a atención.
A priori disponse de 7 pantallas, ás que podemos engadir cantas queiramos. Cada unha delas céntrase nun aspecto determinado: reloxo e alarmas, imaxes do día (selección en Flickr), o tempo, pantalla inicial con widget de calendario, viaxes (diferentes fusos horarios, Maps…), unha de aspecto social coas nosas mensaxes e contactos, e unha última adicada a ferramentas.
Pero obviamente poderemos personalizalas ao noso gusto, engadindo e elimando aplicacións, así como creando novas pantallas para os nosos widgets.
Podedes ver como funciona nesta videoanálise:
Funciona moi ben e, malia que poida parecer moi pesado, no Nexus One vai fluído e non se nota un maior consumo de batería. Podémolo atopar no Market para descagar, iso si, a 10,60 €.

Sobre o autor

Reply